Abioxénese
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abioxénese é o proceso teórico de creación de vida a partir de materia bruta, actualmente o concepto emprégase en bioloxía, en contextos sobre a orixe da vida. Existe certa confusión no termo, xa que as primeiras formulacións da abioxénese viñeron ser falsas, estes conceptos precoces da xeración espontánea (abioxénese aristotélica) sostiñan que os organismos vivos podía nacer dun principio activo de substancias orgánicas.