Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo1
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ola, só quería dicir que o enlace dentro de Matemáticas e ciencias pon Matemática e sería mellor que fora Matemáticas ~~Agora o amaño Agremon
Ola, non sei quenes son os administradores, pero me gustaria ser un deles, pretendo axudar a traducir o que queda ao galego e facer e completar moitas entradas. Por favor, dicideme que teño que facer, ou con quen teño que falar pra ser administrador. --IaRRoVaWo 22:44, 4 Apr 2004 (UTC)
Estou procurando un xeito de poñer a portada para que sexa máis doado meterse na enciclopedia. acéptanse ideas Agremon
deaseo cntactar al administrador por que deseo sugerirle algo haber si me puede ayudar. att : Samersoc
Índice |
[editar] Ligazón de estatística
A ligazón de estatística está mal. Falo do apartado "Ciencia e tecnoloxía", a ligazón de "Estatística" é http://gl.wikipedia.org/w/wiki.phtml?title=Estat%C3%ADstica&action=edit e debería ser http://gl.wikipedia.org/wiki/Estatística
[editar] crítica
Estiven lendo os comentarios publicados pola xente e as respostas do administrador, e a verdade é que quedei abraiado, sobre todo polo pequeno comentario acerca de "non meterse en normativas" e que "o que queira outras normas que faga a súa páxina"...e a verdade é que alucino, pero só por un par de cuestións que creo que son básicas:
1º-se queres facer unha páxina en galego, o primeiro que deberías facer é escribir en galego CORRECTO, e non metendo castelanismos e invencións por toda a páxina. 2º-dame igual que sigas as normas de 1989 ou as novas aprobadas en 2003, pero, por favor, segue unha norma e non escribas sin saber o que pos. 3º-se tes dificultades co galego, reclama a axuda dun filólogo, que para iso están. 4º-estarei encantado en axudar en todo o que poida, e movilizarei á xente que poida para establecer un rigor nas entradas, porque unha norma básica de calquera enciclopedia é que os nomes das persoas se meten polo primeiro apelido, a non ser os portugueses, e dígocho con varias publicacións de experiencia e moita lectura de enciclopedias.
estarei encantado de axudar nos vindeiros días, pero creo que o máis básico que podería facer o administrador sería asesorarse por un filólogo. As eivas son tremendas.
Un saúdo.
[editar] Os Portugueses apoiam a Wikipedia em Galego
Eu sou português e tenho colaborado na Wikipedia em Inglês e em Português. Estou a escrever estas palavras apenas para expressar todo o meu apoio e admiração pela Cultura e pelo Povo da Galiza. De todos os povos da Península Ibérica, é pelos Galegos que os Portugueses sentem uma maior afinidade natural e simpatia. Votos de um bom trabalho e muito sucesso.
[editar] vexamos esa crítica
Está moi ven esas eivas, si señor, moi ven
Evidentemente no te paraches a cavilar un pouco no tema. Se se fala dunha normativa, é moi lóxico; hai moita xente que mais que axudar dedicase a copiar "tal cual" o artigo, xa seña da prensa, enciclopedia, etc... . E isto ven dado a que moita xente ten problemas para interpretarse; para si mesmo, enténdeno ben, ¿i os demáis?. Está ben que nos recordes que debemos falar e escribi-lo galego máis correcto (a meu entender, que se poida). Pero máis esta ben que nos axudes.
Dis que polas dudas do galego se devería consultar a un filólogo, poucos hai que queiran colaborar de balde nesta tarefa (seica a maioría pensa no "peso"). Cando colabores, se despois desto queres colaborar, as de ver algunhas advertencias máis. Penso que no fará falta que nos las frotes pola cara de novo, sobor de todo a de CopyRight ou dereitos de autor. En certa medida tod@s publicación (prensa, libros, enciclopedias, etc...) teñen estos dereitos; pero boa a teñen os estudantes para copia-las biografias ou calquer artigo para os seus traballos; e haberá quen no reseñe e haberá quen non. Pero de unha cousa hai de certo, é que calquer traballo ten CopyRight, xa pode ser un libro, xa poder ser un resumo dun parágrafo. E esta mesma misiva vai polo da fotos.
Se despois desto. Queres colaborar nesta empresa; BENVIDO. Se coñeces a xente que queira colaborar xa que o coñecemento no debe de ter fronteiras (a lo menos as da ganancia monetaria); BENVIDOS. Sexan escritores, filólogos, profesores, médicos, [...], xente nova con ganas de colaborar; BENVIDOS TODOS.
user:sdocio Eu son lingüista (ou 'filólogo' se o prefires, aínda que non significan o mesmo) e non penso no "peso". Con todo, a responsabilidade de usar a lingua con corrección é de todos nós, con independencia da profesión (igual que non só os mecánicos se deben preocupar polo mantenemento do seu coche particular). A respeito das normativas... me parece unha discusión tan estéril que non penso entrar nela. Sobre o do copyright tes razón, pero hai que ter en conta que algúns traballos, malia teren copyright, inclúen licencias que permiten a súa reproducción e copia. Por exemplo as licencias Creative Commons ou a FDL. Eu normalmente pido permiso antes de incluir algún material gráfico (aínda que rara vez recibo resposta) ou simplemente me limito a sacar eu mesma as fotiños. :)
[editar] Problema con algunhas wikiwords
Só quero comentar que estou a ter problemas con algunhas palabras wiki, concretamente nos casos en que quero estabelecer unha ligazón cun artigo desde unha palabra que non corresponde exactamente co destino da ligazón. Sei que pode escribirse, por exemplo, [[dato|datos]], pero noutras wikipedias como a de inglés ou a de castelán (e supoño que en tódalas demais) pódese escribir directamente [[dato]]s e o wiki crea unha ligazón desde a palabra enteira datos (incluindo o 's') ó artigo 'dato'.
user:Agremon ...Pois non sei que responder, pero o sistema é o mesmo na galipedia que nas outras wikipedias.