8 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Set- Outubro -Nov | ||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2006 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2005 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2004 |
O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.
7 de outubro < 8 de outubro < 9 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 451 - Celébrase o IV Concilio ecuménico en Calcedonia, asisten entre 500 e 600 bispos e condenase o monofisimo, ademais de recoñece-lo patriarca de Constantinopla.
- 732 - Carlos Martel vence a os árabes en Poitiers.
- 1483 - O Papa Sixto IV confirma a fundación da Universidade de Sigüenza.
- 1492 - Cristóbal Colón escribe no seu libro de viaxe: "Toda a noite oímos páxaros voando enriba de nos".
- 1515 - Xoán Díaz de Solís sae do puerto de San Lucas de Barrameda, viaxe no que descobre "o Mar Doce", o Río da Prata.
- 1595 - Os españois conseguen a rendición da fortísima praza francesa de Cambray tras un duro sitio e reiterados ataques.
- 1600 - Primeira Constitución de San Marino.
- 1705 - Guerra de sucesión española: Barcelona é ocupada polo Archiduque Carlos.
- 1706 - Guerra de sucesión española: Toma da cidade de Cuenca polas tropas de Filipe V, que capturaron a 2.200 austriacos
- 1711 - Firmanse os preliminares en Londres entre Francia e Inglaterra cos que se da comenzo ás negociacions para consegui-la paz da guerra de sucesión.
- 1793 - Francia: O exército revolucionario toma Lyon no medio dun charco de sangue.
- 1804 - Proclamase emperador de Haití, Jean-Jacques Dessalines, trala expulsión dos franceses da illa.
- 1813 - España: As Cortes de Cádiz suprimen os gremios e os señoríos territoriais.
- 1814 - Apertura do Congreso de Viena, que tivo como obxetivo reconstrui-las fronteiras de Europa e os gobernos tradicionais, totalmente trastocados despois das conquistas de Napoleón.
- 1814 - Arxentina: Polo decreto do Supremo Governo das Provincias Unidas do Río da Prata, crease a provincia de Tucumán.
- 1840 - Proclamase a primeira constitución de Hawaii.
- 1862 - Alemaña: Otto von Bismarck sobe o poder como primeiro ministro, cargo que terá que levar xunto co de ministro de asuntos exteriores.
- 1871 - EEUU: Un gran incendio destrue gran parte da ciudade de Chicago.
- 1879 - Chile: Combate Naval de Angamos.
- 1881 - Inauguración da líña férrea Madrid-Lisboa, cerimonia presidida polos reis de España e Portugal, Afonso XII e Luis I.
- 1898 - Aparece en Bos Aires a revista "Caras e Caretas", fundada por "Frei Mocho".
- 1903 - China firma un tratado comercial con Xapón e EEUU que garante a apertura dos portos manchúes.
- 1905 - O congreso ferroviario en Moscú decreta a folga, que tempo mais tarde paraliza toda a rede de ferrocarril.
- 1908 - Celebrase a corrida de despedida do matador de touros Anton de Deus, coñecido por "Conexiño".
- 1912 - Montenegro declara a guerra o Imperio Otomano.
- 1917 - Lev Trotski é elixido presidente do Soviet de San Petersburgo.
- 1918 - Anton Maura presenta o rei Afonso XIII a dimisión do seu Gabinete no pleno.
- 1919 - O francés Jean Fendich, de 41 anos, recibe a cruz de guerra polo seu comportamento no frente.
- 1934 - Complicase a folga revolucionaria en Madrid, con tiroteos que causan mortos e feridos.
- 1934 - O bombardeo de Xixón provoca a rendición dos rebeldes.
- 1938 - Grupos dos "camisas pardas" atacan e saquean o palacio episcopal do cardeal arzobispo de Viena, Theodor Innitzer, ademais de roubar obras e obxetos de arte sacro.
- 1938 - A minoría húngara ate o momento no territorio checoslovaco carpato-ruso forma un goberno independente.
- 1939 - Creación da novas provincias do Reich: Dantzig-Prusia Occidental e Posen.
- 1940 - Fundase o Colexio de México.
- 1943 - O goberno español retorna á neutralidade.
- 1945 - Os ministros monárquicos son excluidos do goberno iugoslavo.
- 1945 - O coronel Perón é obrigado a dimitir do seu cargo no goberno arxentino.
- 1945 - Rafael Belaúnde constitue un novo goberno no Perú.
- 1946 - O Kuomintang prorroga o período presidencial do mariscal Chang Kai-chek en tres anos mais.
- 1947 - A ONU acorda a creación dunha comisión para observa-los acontecementos na fronteira septentrional grega.
- 1949 - Estrease a obra teatral “Historia dunha escaleira” de Anton Buero Vallejo.
- 1950 - As tropas estadounidenses de Douglas MacArthur cruzan o paralelo 38, límite das dúas Coreas, coa autorización da ONU.
- 1952 - 98 mortos e 175 feridos nun accidente ocurrido cerca de Londres no que se ven implicados tres trenes.
- 1953 - Reafirmase a soberanía arxentina sobre os territorios antárticos no 50 aniversario do salvamento dunha expedición sueca o polo Sur, pola corbeta Uruguai da armada de Arxentina.
- 1954 - Haberá cortes de corrente no suministro de enerxía eléctrica un día á semana en España.
- 1957 - Estala un depósito de bombas no Casbah (Arxel), cun balance de 24 mortos.
- 1958 - No Estocolmo implantase a un paciente de 40 anos o primeiro marcapasos cardíaco completo.
- 1959 - Os 600 millons que costará a urbanización da Costa do Sol amortizaranse en dous anos gracias os ingresos proporcionados polo turismo.
- 1962 - O primeiro ministro de Uganda, Milton Obote, anuncia a independencia do país como monarquía constitucional, baixo a coroa británica.
- 1962 - Arxentina: Circula o derradeiro tranvía da ciudade de Córdoba.
- 1964 - Arxentina: Aparece a revista "Anteojito".
- 1965 - O COI decide que as dúas Alemañas estarán representadas por separado nos Xogos Olímpicos de 1968, en México.
- 1967 - Bolivia: O revolucionario cubano, Che Guevara, é asasinado.
- 1971 - O Kremlin decide a expulsión de 13 diplomáticos británicos.
- 1971 - España: Os vehículos matricularanse coa contraseña da provincia e letras dende a A ate a ZZ.
- 1978 - Triunfo de Higueras no Gran Prix de tenis de Madrid.
- 1978 - O estadounidense Mario Andretti proclámase campión mundial de Fórmula 1.
- 1979 - O Rei Xoán Carlos pronuncia un discurso na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, en Estrasburgo.
- 1980 - Siria e a URSS firman un tratado de amizade.
- 1982 - A Dieta vota en Polonia unha lei que prohíbe o sindicato Solidariedade.
- 1983 - O presidente chinés, Chun Doo sae ileso tras un atentado perpetrado contra el, catro ministros e outras cinco persoas do seu séquito.
- 1986 - O senador e presidente do PRI, Adolfo Lugo Verduzco, dimite dos seus cargos e é a primeira víctima da crise do seu partido.
- 1987 - Un xulgado de Madrid impón unha fianza superior aos 200 millóns de pesetas a Lola Flores e o seu home ao ser procesados por un suposto delito fiscal.
- 1988 - Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
- 1988 - Inaugurase o metro de Valencia e a ciudade pasa a se-la terceira de España con este servizo urban.
- 1989 - A Filarmónica de Berlín elixe o italiano Claudio Abbado como seu director titular, sucedendo no cargo o inmortal Herbert von Karajan.
- 1990 - Israel: Morren 22 palestinos a mans das forzas de seguridade israelis de Xerusalén.
- 1991 - Abdur Rahman Biswas é elexido presidente de Bangladesh polo Parlamento.
- 1992 - O poeta antillano Derek Walcott gaña o Premio Nobel de Literatura.
- 1992 - Os Reis de España inauguran en Madrid o Museo Thyssen, que acolle en 48 salas os 800 cadros da colección de Hans Heinrich Thyssen.
- 1992 - A unidade de vixilancia intensiva do Clínico de Erlangen manten con vida o organismo dunha muller de 18 anos de edade, embarazada de catro meses, tras determina-la sua morte cerebral para salva-lo neno.
- 1995 - Abraham Olano conquista para España o primeiro ouro e Miguel Induráin a prata no Campionato do Mundo de fondo en estrada celebrado en Duitama (Colombia).
- 1995 - Àlex Crivillé gaña o Gran Premi de Catalunya de motociclismo de 500 cc.
- 1997 - Anton Buero Vallejo (por toda a súa obra), Manuel Rivas (narrativa), Felipe Benítez Reyes (poesía), Sergi Belbel (literatura dramática) e Juan Marichal (ensaio) son os gañadores dos Premios Nacionais de Literatura 1996.
- 1998 - A Academia Sueca premia co Premio Nobel de Literatura a José Saramago.
- 1998 - Os españois Abraham Olano e Melchor Mauri conseguen as medallas de ouro e prata respectivamente na proba contrarreloxio do Campionato Mundial de Ciclismo, desputada en Maastricht (Holanda).
- 1999 - A xustiza británica aproba a extradición do ex xeneral Pinochet a España.
- 1999 - Visto bon á Ortografía da lingua española que, co consenso das 22 academias da lingua española, actualiza e ilustra as normas ortográficas básicas que se fixeron oficiais a mediados do seculo XIX.
- 2000 - Aleksander Kwasniewski é reelexido como presidente de Polonia, tras derrotar a 11 rivais, entre eles, o líder do sindicato Solidariedade, Lech Walesa, que obtivo o 1% dos votos.
- 2002 - España suscribe con Arxelia un Tratado de Amizade, Boa Vecindade e Cooperación, similar o que mantivo con Marrocos.
- 2002 - O escritor vasco Unai Elorriaga gaña o Premio Nacional de Narrativa coa sua primera novela, “SPrako tranbia” (Un tranvía cara SP).
- 2002 - Nove inmigrantes afóganse fronte ás costas españolas de Barbate tras naufragar a pateira na que viaxaban xunto a outras trinta e tres persoas.
- 2002 - Sete viaxeiros dunha ambulancia colectiva perden a vida nun accidente de tráfico na provincia de Albacete (España).
- 2003 - Un atentado con coche bomba cóbrase a vida de seis persoas en Bogotá (Colombia).
- 2003 - O Dalai Lama inicia a sua quinta visita a España.
- 2003 - O actor Arnold Schwarzenegger gaña as eleccións para gobernador do Estado de California (EEUU).
- 2003 - A española Joane Somarriba gaña a medalla de ouro na modalidade contrarreloxio do Mundial de Fondo en Carretera, disputado en Canadá.
[editar] Nacementos
- 1585: - Heinrich Schütz, compositor alemán
- 1676: - Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, monxe e ensaista español
- 1741: - José Cadalso, escritor español
- 1808: - José Tomás Urmeneta García-Abello, político chileno
- 1838: - John Milton Hay, político e escritor estadounidense
- 1870: - Xoán Cervera e Valderrama, mariño español
- 1872: - John Cowper Powys, novelista, ensaista e poeta inglés
- 1873: - Ejnar Hertzsprung, astrofísico danés
- 1879: - Max Von Laue, físico alemán, Premio Nobel de Física 1914
- 1881: - José Solchaga, militar español
- 1895: - Juan Domingo Perón, estadista arxentino
- 1896: - Julien Duvivier, cineasta francés
- 1898: - Rouben Mamoulian, cineasta estadounidense
- 1909: - José Anton Muñoz Rojas, escritor e poeta español
- 1910: - Alberte Balderas Reyes, matador de touros mexicano
- 1920: - Victoria Garrón de Doryan, política e escritora costarricense
- 1922: - Christian Barnard, ciruxan surafricano
- 1927: - Cesar Milstein, bioquímico británico nado na Arxentina e Premio Nobel de Medicina 1984
- 1929: - Betty Boothroyd, política británica.
- 1936: - David Carradine, actor e cantante estadounidense
- 1939: - Paul Hogan, actor, guionista e produtor australiano
- 1941: - Jesse Jackson, predicador e político estadounidense
- 1946: - Chevy Chase, actor estadounidense
- 1948: - Claude Jade, actriz francesa
- 1949: - Sigourney Weaver, actriz norteamericana
- 1954: - Michael Dudikoff, actor estadounidense
- 1965: - Matt Biondi, nadador estadounidense
- 1967: - Yvonne Reyes, actriz venezolana
- 1970: - Matt Damon, actor estadounidense
[editar] Mortes
- 705: - Abd al-Malik, califa árabe
- 1354: - Cola di Rienzi, revolucionario italiano, asasinado polos seus propios partidarios
- 1754: - Henri Fielding, novelista británico
- 1803:- Vittorio Alfieri, dramaturgo e poeta italiano
- 1821: - Juan O'Donojú, último virrei de España no México
- 1826: - Friedrich Krupp, empresario alemán
- 1844: - Martín Fernández de Navarrete, escritor, mariño e bibliotecario español
- 1869: - Franklin Pierce, 14º presidente dos Estados Unidos (1853-1857)
- 1886: - José Casado del Alisal, pintor español
- 1927: - Ricardo Güiraldes, escritor argentino
- 1951: - José Joaquín Casas Castañeda, escritor e político colombiano
- 1966: - Xoán Batllé Planas, grabador español
- 1973: - Gabriel Marcel, filósofo existencialista francés
- 1985: - John F. Enders, bacteriólogo estadounidense, Premio Nobel de Medicina 1954
- 1982: - Fernando Lamas, actor argentino
- 1990: - José Luis Alonso Mañés, director español de teatro.
- 1992: - Willy Brandt, político alemán
- 1992 - Jualma Suarez, baixista e cantante de Eskorbut
- 1994: - Manuel Piña, deseñador español de moda
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
- Santoral: Nosa Señora dos Remedios, Santa Susana de Bluís (Mártir); Simeón, Begoña, Pelaxio, Artemón, Ambrosio Sansedoni e Mateo Carreri (Presbíteros); Reparada, Bríxida e Benedicta (Virxes); Néstor, Demetrio, Hugo, Valeria, Polena, Paladia, Porcaria, Palaciata, Escravitude, Lourenza, Pelaxia, Tais, Badilón, Eusebia e Pedro de Sevilla (Martires); Evodio e Artoldo (Bispos); Hais (Confesor); Xoán de Xesús. (Relixioso)
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro