África central
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
África central é unha grande rexión africana situada ó leste do Golfo de Guinea e ó oeste do Gran Val do Rift, ó sur do deserto do Sahara. Está dominada polo río Congo e os seus afluentes que xunto co clima tropical fan da rexión unha das biolóxicamente máis ricas do mundo xunto co Amazonas.
Compoñen África central os seguintes países:
- República Centroafricana
- Chad
- República Democrática do Congo (antigo Zaire ou antigo Congo belga)
De cando en vez tamén son considerados centroafricanos: Angola, Burundi, Camerún, Guinea Ecuatorial, Gabón, República do Congo, Ruanda, Santo Tomé e Príncipe e Zambia.