Vilanova, A Pobra de Trives
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense.
Localización Provincia: Ourense | Comarca: Terra de Trives | Concello: Pobra de Trives (A) | Parroquia: Vilanova (Santa María) C.P.: 32789
Distancia a lugares relevantes:
A Coruña:217 | Santiago:181 | Ferrol:220 | Lugo: 119 | Ourense:77 | Pontevedra:177 | Vigo:180
A parroquia de Santa María de Vilanova está formada polos siguintes núcleos de poboación: Escuadrio, O Carballal, Vilanova, A Pereira, Toimiro e O Bubal. Algúns deles xa forman parte do núcleo urbano da Pobra de Trives.Tamén compre suliñar que o complexo hosteleiro "AS MACEIRAS" está ubicado en terreos pertencentes a esta parroquia de Santa María de Vilanova.
Nesta parroquia celébrase a primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, a Festa do chourizo, de sona en toda a bisbarra. Nela o sábado pola tarde xentes de todalas idades xuntanse en grupos nos agros á beira da Igrexa e por entre os castiñeiros do souto pra asar os chourizos nas fogueiras.
En Vilanova, no adro da Igrexa, pódese admirar unha ara romana de grandes dimensións, dedicada a Xúpiter, que data do século II d.d. C. Dita ara está situada fronte á igrexa parroquial de Santa María de Vilanova. As aras eran altares romanos de carácter conmemorativo e de estrutura cadrada. A de Vilanova está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS,FLAVINI FIL(IVS) IOVI OP(TIMO) M(AXIMO),V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
Un dos sitios mais chamativos de Vilanova é o souto. E non só polas fogueiras que se fan o día da festa do chourizo. A súa importancia radica na beleza dos seus castiñeiros, pluricentenaios e merecentes dun recoñecemento histórico, cultural e antropolóxico.
O poeta Pablo Pérez, natural de Vilanova, no seu libro Sementeira de Soños publicou un poema dedicado a este souto. Titúlase "Elexía por un souto".
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de A Pobra de Trives | |
---|---|
Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro) |