Treos, Vimianzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parroquia do municipio de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de Santiago de Compostela.
[editar] Situación xeográfica
Atópase delimitada por Tines, Vilar, Serramo, Loroño, Meanos, Roma e Cambeda, distando 7,5 Qm. da capital do municipio. Suma en total 570 habitantes aproximadamente en tódalas súas entidades (O Arxomil, A Aerosa, Cárneo, Colúns, Pedra Cuberta, Quintáns, Refoxo, Sandrexo, Treos e Xora).
[editar] Enclaves naturais
O monte Cárneo, con 343 metros é o que rexistra a maior altitude sendo bañada polo río de Vilar e o Xora, o seu afluente principal.
[editar] Historia
Os orixes remóntanse ó período megalítico pola presenza dos dólmenes de de Pedra da Moura e de Pedra Cuberta. Este segundo é considerado polos expertos por un dos máis importantes da Península Ibérica polos seus restos pictóricos, o uso de pinturas en negro e vermello sobre fondo branco e os seus motivos ondulados formando unha figura idoliforme, moi parecida ás atopadas no sureste da Península. Chégase dende un camiño secundario da aldea de Arxomil e hoxe atópase parcialmente derrumbado. Consta dun corredor e dunha cámara octogonal na que falta a losa de cobertura.
[editar] Lugares de Treos
Lugares da parroquia de Treos no concello de Vimianzo (provincia da Coruña) | |
---|---|
A Areosa | O Arxomil | Carnio | Colúns | Pedra Cuberta | Quintáns | O Refoxo | Sandrexo | Treos | Treviño | Xora |
[editar] Parroquias de Vimianzo
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo | |
---|---|
Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo) |