Transmisión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Física, a transmisión é o fenómeno complementario da reflexión, da absorción e da dispersión. Maniféstase tanto no tránsito de enerxía ou radiación de diferentes tipos, dun medio a outro ou por un medio non homoxéneo (complementaria á reflexión), como no tránsito por un medio homoxéneo (complementaria á absorción e á dispersión (en inglés scattering). Así chámase enerxía transmitida á parte da enerxía incidente que non é absorbida, nen reflictida, nen dispersada..
[editar] Transmisión de información (ou de sinais)
O medio de transmisión de dados serve para oferecer soporte ao fluxo de dados entre dous puntos. Usamos o termo liña para designar o medio de transmisión usado entre eses puntos. Esa liña pode ser dun par de fíos, un cabo coaxial, Febra óptica, comunicación por radio frecuencia ou ata mesmo por satélites. Desta forma, podemos afirmar que o ar é tamén un medio de transmisión.