Tecnoloxías da información
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As tecnoloxías da información (TI) é unha serie de metodoloxías, ferramentas, técnicas e dispositivos utilizados na utilización e proceso da información dentro do ámbito da informática e a computación.
En termos xerais inclúe o uso de ordenadores (hardware), de programas lóxicos para operalos (software) e das telecomunicacións utilizadas para interconectalos.
Os primeiros pasos para o establecemento dunha sociedade da información déronse co invento do telégrafo eléctrico, do teléfono fixo, da radiotelefonía e da televisión, aínda que foi internet o que lle deu o pulo definitivo.