Tapa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha tapa é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. En Galicia habitualmente, pero non sempre, van incluídas no prezo da bebida e consisten en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha loncha de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior.
En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente e normalmente obríganlle a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.