Santo André de Vea, A Estrada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo André de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 460 habitantes (259 mulleres e 201 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.