Sandiás, Sandiás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parroquia da que toma o nome o Concello de Sandiás. Situado na comarca da Limia, provincia de Ourense.
Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servicios administrativos (Concello, Xulgado de Paz), culturais e educativos (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e sociais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.
Neste pobo atópase a igrexa de Santo Estevo, unha das máis fermosas do renacemento galego. Construida polo mestre de cantería, Bartolome de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. O retablo maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado no ano 1603 polo entallador Xóan Fernández O Mozo, o pintor Francisco Feijóo e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.
Non lonxe do pobo, no monte da Uceira, atópase a ermida de San Bieito da Uceira, a cal foi construída, aproximadamente, a mediados do século XVIII (Exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruida e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.
[editar] Lugares de Sandiás
Cardeita, O Castro, Coalloso, As Pegas, Sandiás, Santa Ana.
[editar] Parroquias de Sandiás
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás | |
---|---|
Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo) |