Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Real Academia Española - Wikipedia

Real Academia Española

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Real Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgarda-lo bo uso da lingua española. A súa sede está en Madrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países hispanofalantes.

Índice

[editar] Historia

O seu emblema está formado por un crisol ó lume. Acompáñao a lenda «Limpa, fixa e dá esplendor». O obxectivo era fixa-lo idioma no estado de plenitude que alcanzara durante o século XVI e que se consolidara no XVII.

A Real Academia Española foi fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena e duque de Escalona, co propósito de «fixa-las voces e vocábulos da lingua castelá]] na súa maior propiedade, elegancia e pureza».

Tomaron coma modelo para a súa creación á Accademia della Crusca italiana (1582) e á Académie française (1635). A súa creación foi aprobada o 3 de outubro de 1714 por Real Cédula de Felipe V, quen a acolleu baixo o seu «amparo e Real Protección». Ó longo da súa historia estivo integrada case exclusivamente por varóns, ata o nomeamento de Carmen Conde en 1978, de Elena Quiroga en 1983 e de Ana María Matute en 1995.

Dende 1870 establécense en América e nas Filipinas academias correspondentes da lingua española. Estas na actualidade teñen o mesmo rango e condicións cá RAE. Xunto á Asociación de Academias de la Lengua Española, á que pertencen, foron galardoadas co Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2000.

O 20 de outubro de 1993 constituíuse a Fundación Pro Real Academia Española, entidade que ten coma finalidade achegar recursos económicos para o financiamento das empresas da Academia. Está rexida por un padroado do que ostenta a presidencia de honor a súa maxestade o rei D. Xoán Carlos I, a presidencia o gobernador do Banco de España e a vicepresidencia o director da Real Academia Española. As vogalías osténtanas outros académicos, os presidentes das comunidades autónomas e de empresas privadas, coma socios fundadores.

A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, o Diccionario del estudiante, o Diccionario panhispánico de dudas e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma a Gramática normativa.

[editar] Funcións

O artigo primeiro dos estatutos da RAE di:

«[...] ten coma misión principal velar por que as mudanzas que experimente a lingua española na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non creben a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Debe coidar igualmente de que esta evolución conserve o xenio propio da lingua, tal como foi consolidándose co correr dos séculos, así coma de establecer e difundi-los criterios de propiedade e corrección, e de contribuír ó seu esplendor. Para alcanzar ditos fins, estudará e impulsará os estudos sobre a historia e sobre o presente do español, divulgará os escritos literarios, especialmente clásicos, e non literarios, que xulgue importantes para o coñecemento de tales cuestións, e procurará manter vivo a lembranza de quen, en España ou en América, cultivaron con gloria a lingua española. Coma membro da Asociación de Academias de la Lengua Española, manterá especial relación coas Academias Correspondentes e Asociadas.»

A RAE é considerada frecuentemente coma unha organización conservadora, pois entre as súas metas está a preservación da lingua española. Nembargante caracterízase así mesmo por exercer unha influencia progresista, ó se esforzar en mante-la linguaxe formal en sintonía coa actualidade. Un exemplo disto último aconteceu en 1994 cando ditaminou que as consoantes ch e ll serían alfabetizadas xunto co c e o l e non como letras separadas, coma no pasado. A RAE segue un proceso formal para a admisión de novas palabras.

[editar] Organización e operación

Segundo os seus estatutos a RAE está composta por:

  • Académicos de número (46 en total)
  • Académicos correspondentes españois (ata un máximo de 60)
  • Académicos correspondentes estranxeiros
  • Académicos de número das academias americanas (que por dereito son académicos correspondentes)
  • Académicos honorarios

Unha xunta de goberno rexe a Academia e supervisa tódolos asuntos relativos á súa boa operación, tanto no relacionado co seu funcionamento interno coma coas súas relacións cos organismos do estado, e as demais Academias. Esta xunta é presidida polo director da Academia e está constituída polo vicedirector, o secretario, o censor, o bibliotecario, o tesoureiro, o vicesecretario e dous vogais adxuntos. Todos estes cargos son electivos e, a excepción dos vogais, que se elixen cada dous anos, pódese exercer durante catro anos, prorrogables só unha vez.

A Academia funciona en Pleno e en Comisións que se reúnen semanalmente. As Comisións teñen a misión de elabora-las propostas que posteriormente examinará o Pleno para decidir sobre a súa aprobación. Na actualidade existen as seguintes comisións: Delegada do Pleno, de Dicionario usual, de Dicionario histórico, de Gramática, de Información lingüística, de Vocabulario científico e técnico, de Ciencias humanas, de Publicacións e de Premios. Ademais, existe una Comisión encargada da conservación da casa do Museo de Lope de Vega.

O Pleno, formado por tódolos académicos, reúnese durante o curso académico os xoves pola tarde. Unha vez aprobada as actas da sesión anterior e de debater calquera tema xeral, os asistentes presentan emendas e adicións ó Dicionario. Acto seguido examínanse as propostas formuladas polas diversas Comisións. As resolucións, no caso de que se produza disparidade de criterio, adóptanse mediante votación.

Ó servizo dos traballos que a Academia desenrola en Pleno ou en Comisións, funciona o Instituto de Lexicografía, integrado por filólogos e lexicógrafos que realizan as tarefas de apoio para a elaboración dos dicionarios académicos.

[editar] Académicos de número

Os membros da Academia son elixidos de por vida polo resto dos académicos e coñéceselles coma Inmortais. Cada académico ten unha cadeira de brazos asignado á súa persoa, e distinguido cunha letra do alfabeto (tanto maiúsculas coma minúsculas). Os académicos de número son, por orde de ingreso:

  • (H) Martín de Riquer Morera, conde de Casa Dávalos (1965)
  • (D) Alonso Zamora Vicente (1967)
  • (g) Antonio Colino López (1972)
  • (e) Miguel Delibes Setién (1975)
  • (M) Carlos Bousoño Prieto (1980)
  • (A) Manuel Seco Reymundo (1980)
  • (Z) Francisco Ayala y García Duarte (1984)
  • (n) Valentín García Yebra (1985)
  • (O) Pere Gimferrer Torrens (1985)
  • (q) Gregorio Salvador Caja (1987)
  • (p) Francisco Rico Manrique (1987)
  • (r) Antonio Mingote Barrachina (1988)
  • (s) José Luis Pinillos Díaz (1988)
  • (J) Francisco Morales Nieva (1990)
  • (d) Francisco Rodríguez Adrados (1991)
  • (F) José Luis Sampedro Sáez (1991)
  • (c) Víctor García de la Concha (1992)
  • (U) Eduardo García de Enterría y Martínez-Carande (1994)
  • (l) Emilio Lledó Íñigo (1994)
  • (C) Luis Goytisolo Gay (1995)
  • (L) Mario Vargas Llosa (1996)
  • (b) Eliseo Álvarez-Arenas Pacheco (1996)
  • (u) Antonio Muñoz Molina (1996)
  • (P) Ángel González Muñiz (1997)
  • (V) Juan Luis Cebrián (1997)
  • (t) Ignacio Bosque Muñoz (1997)
  • (K) Ana María Matute (1998)
  • (ñ) Luis María Anson Oliart (1998)
  • (B) Fernando Fernán Gómez (2000)
  • (I) Luis Mateo Díez (2001)
  • (N) Guillermo Rojo (2001)
  • (k) José Antonio Pascual (2002)
  • (E) Carmen Iglesias (2002)
  • (m) Claudio Guillén (2003)
  • (f) Luis Ángel Rojo (2003)
  • (i) Margarita Salas Falgueras (2003)
  • (T) Arturo Pérez-Reverte (2003)
  • (G) José Manuel Sánchez Ron (2003)
  • (Q) Carlos Castilla del Pino (2004)
  • (j) Álvaro Pombo y García de los Ríos (2004)

[editar] Algúns académicos do pasado

  • Fernando Lázaro Carreter, foi director
  • Dámaso Alonso, foi director
  • Miguel Asín Palacios, foi director
  • Camilo José Cela
  • Leandro Fernández de Moratín
  • Emanuel Rey
  • Antonio Benavides
  • José Zorrilla (Non tomou posesión e a súa praza declarouse vacante. Volveuse nomear en 1885)
  • Rafael Lapesa
  • Andrés Mellado y Fernández
  • Gregorio Marañón
  • Salvador de Madariaga
  • Benito Pérez Galdós
  • Guillermo Díaz-Plaja
  • Miguel de Unamuno (Non tomou posesión)
  • Pío Baroja
  • Ramón Menéndez Pidal
  • Joaquín Calvo-Sotelo
  • Marcelino Menéndez y Pelayo
  • Jacinto Benavente (Non tomou posesión)
  • Antonio Tovar ocupou a cadeira de brazos j minúsculo.
  • Juan Eugenio Hartzenbusch en [[1847 ocupou a cadeira de brazos l minúsculo.

[editar] Principais publicacións

Entre as súas principais publicacións destacan:

  • Diccionario de Autoridades (Dicionario da lingua castelá, no que se explica o verdadeiro sentido das voces, a súa natureza e calidade, coas frases ou motivos de falar, os proverbios ou refráns e outras cosas convenientes do uso da lingua, 1726-1793, en 6 volumes)
  • Diccionario de la lengua española (1ª edición 1780, 21ª edición 1992, 22ª edición 2001)
  • Ortografía de la lengua española (1ª edición 1741). A edición máis recente é a de 1999, elaborada entre a RAE e as academias correspondentes, polo cal é considerada unha ortografía panhispánica. Substitúe ás Novas normas de prosodia e ortografía de 1959.
  • Gramática de la lengua española (1ª edición 1771). A súa revisión máis recente é Esbozo de una nueva gramática de la lengua española (1973), aínda que a Academia publicou tamén unha gramática de autor, non propiamente institucional: a de Emilio Alarcos (1994). Existe na actualidade un proxecto entre a RAE e as academias correspondentes en redactar unha nova gramática.
  • Boletín de la Real Academia Española (dende 1914)
  • Diccionario manual e ilustrado de la lengua española (1ª edición 1927, 4ª edición 1989)
  • Diccionario histórico de la lengua española (primeiro volume 1933, incompleto)
  • Diccionario escolar de la RAE (1ª edición 1996, 2ª edición 1997)
  • Diccionario panhispánico de dudas. Elaborado entre a RAE e as academias correspondentes (1ª edición 2005).

[editar] Véxase tamén

  • La Grammatica
  • Antonio de Nebrija
  • AALE

[editar] Ligazóns externas

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: