Ray Bradbury
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ray Douglas Bradbury. Escritor de ciencia ficción e de misterio. Coñecido polos seus relatos breves de 1950 que deron lugar á colección de Crónicas Marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido. Tanto esta novela coma a colección de Crónicas Marcianas están traducidas ó galego.
Naceu o 22 de agosto de 1920 en Waukegan, Illinois, de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno revelouse como un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como "unha vila verde" e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson, Arizona, dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse a Os Anxeles, California, en 1934 cando tiña 13 anos.
Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción como Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia ficción en fanzines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.
Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451(1966) de François Truffaut, e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury.