Pousada, Baleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Lourenzo de Pousada Parroquia do arciprestazgo de Valdepedroso, delimitada polas freigresías de Esperela e A Fontaneira ao Norte; Penarrubia e Pedrafita de Camporredondo (Baralla) ao Sur; Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla) ao Leste e Riomol e Furís (Castroverde) ao Oeste. Os seus 158 habitantes están distribuídos en oito núcleos poboacionais cunha densidade media de 14 hab/km2 no 2003. Da súa xurisdición depende o anexo de San Pedro de Esperela.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Airexe (17), O Lago (1), Pousada (24), O Queirogal (31), A Quintá (16), Rego de Pereira (8), Teilalle (6) e Vilar (55).
Situación xeografica da capital parroquial:
Latitude: 42º 58'
Lonxitude: 7º 14'
Superficie: 11,31 Km²
Altitude media: 699 m.
- Monumentos:
Nesta parroquia encontramos dous monumentos de carácter relixioso. Na aldea de A Quintá achamos a Capela de Santa Bárbara, un pequeno edificio de construción popular que consta dunha pranta rectangular conformada por muros de cachotaría e sillería de granito e xisto, e cuberta de lousa a dúas augas. A portada principal é alintelada, cun pórtico sobre ela. No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.
Na aldea de Airexe temos a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. O edificio, de pranta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre sí por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de pranta cadrada, con tres contrafortes no exterior. Os muros son de cachotería e sillería de granito e xisto, e a cuberta é de lousa a dúas augas. O presbiterio segue a líña da nave central, situándose a menor altura desta. Dispón dunha tosca cornisa ao longo da nave central, cun arco triunfal de medio punto. O frontis ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta unha torre campanario que sobresae, formando un cobertizo de pranta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capela laterais son de estilo neoclásico o da dereita e barroco o da esquerda.
Lugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar |