Pedra Cuberta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O dolmen de Pedra Cuberta atópase na parroquia de Treos, no concello de Vimianzo, preto da aldea de Arxomil. É de grandes proporcións cun corredor de entrada de mais de seis metros (6,6 m.) de longo e cunha altura de case dous metros (1,80 m.). Fáltalle a lousa de cobertura da cámara principal. Nel atopouse a pintura dun ídolo en cores bermella e negra sobre branco.
En 1934 o arqueólogo alemán Georg Leisner deu a coñecer internacionalmente a decoración pictorica existente na parte interna dos ortóstatos da cámara e o corredor. Os debuxos do dolmen, en branco e negro, amosan formas complexas, con liñas en zig-zag, triangulares, verticais e con motivos ondulados, aínda que no III Coloquio Internacional sobre Arte Megalítica (A Coruña 1997) denunciouse a perda das imaxes por desinterese das administracións públicas.