Paul Wayland Bartlett
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul Wayland Bartlett (1865 - 1925) foi un escultor norteamericano.
Naceu en New Haven, Connecticut fillo dun crítico de arte e tamén escultor neoclásico. Aos quince anos marcha a París e estuda na École des Beaux-Arts con Emmanuel Frémiet, e dedícase a facer esculturas de animais co que gaña unha medalla de prata no Salón de París de 1887, posteriormente decántase por estatuas ecuestres e por esculturas de figuras históricas
Entre as súas principais obras están The Bear Tamer no Metropolitan Museum of Art, Nova York; a estatua ecuestre de Lafayette, na Place du Carrousel, París; Columbus and Michelangelo, na Biblioteca do Congreso, Washington, DC; The Ghost Dancer na Pennsylvania Academy, Filadelfia.