OK Computer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
OK Computer é o terceiro álbum de Radiohead, grupo de rock británico, e está entre os álbumes que se mantiveron constantantemente nas listas de vendas. Gravouse en St Catherine's Court, a casa de Jane Seymour preto de Bath e foi mesturado en Abbey Road Studios. Saiu á venda o 16 de xuño de 1997 no Reino Unido e o 1 de xullo nos Estados Unidos. O álbum recibiu boas críticas e tivo un amplo éxito comercial, poñendo ao grupo británico na vangarda do rock moderno. Gañou un Grammy en 1998 na categoría do mellor álbum de música alternativa.
[editar] Cancións
Todas as cancións escribiunas Thom Yorke, agás que se indique outra cousa
- "Airbag" (4:44)
- "Paranoid Android" (6:23)
- "Subterranean Homesick Alien" (4:27)
- "Exit Music (For A Film)" (4:24)
- "Let Down" (4:59)
- "Karma Police" (4:21)
- "Fitter Happier" (1:57)
- "Electioneering" (3:50)
- "Climbing Up The Walls" (4:45)
- "No Surprises" (3:48)
- "Lucky" (4:19)
- "The Tourist" (5:24) (Jonny Greenwood)