Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Obesidade - Wikipedia

Obesidade

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A obesidade é a acumulación excesiva de graxa no organismo. Tecnicamente, sempre que se dá unha inxestión de calorías (a través dos alimentos) maior que o gasto enerxético do corpo haberá un cúmulo de calorías na forma de graxa. O corpo humano almacena estas calorías extras nesta forma porque é o medio máis eficaz, almacenando o dobro de calorías no mesmo peso do que se almacenaría como carbohidrato ou proteína.

Coas facilidades da vida moderna, como ascensores, escadas rolantes, controles remotos e automóbiles, o home non precisa esforzarse fisicamente. Iso diminúe o gasto de enerxía na forma de calorías. Por outro lado, a facilidade en adquirir os “fast foods” e alimentos prontos conxelados mudaron o padrón alimentario do home moderno, que pasou a consumir máis graxa na forma de frituras, aceites, maionesas, chocolates e sorbetes cremosos.

Índice

[editar] Índice de Masa Corpórea - IMC

Dividíndose o peso en quilos polo cadrado da altura en metros obtense un número que se chama de Índice de Masa Corpórea – IMC. O IMC normal é de 18 a 24,9; de 25 a 29,9 considérase sobrepeso. De 30 a 34,9 é obesidade grao I, de 35 a 39,9 é obesidade grao II e por riba de 40 é obesidade grao III ou obesidade mórbida. Por riba de 50 chámase super-obesidade. A obesidade caracterízase tamén como un problema de natureza estética e psicolóxica, alén de ser un gran risco para a saúde.

[editar] Insatisfacción co peso corporal

Sabemos que a relación dun individuo cos demais parte da forma en que os nosos sentidos actúan e espertan en nós sensacións de atracción ou de rexeitamento. Sendo a visión un destes sentidos, a imaxe corporal que a persoa posúe é indispensábel para unha vida saudábel. A importancia da mesma leva a que a persoa se prece consigo, sabendo que a positividade deste factor contribúe, non só ao desenvolvemento de relacións coa sociedade, mais coa autoestima e carisma presente en cada un de nós.

Esta imaxe corporal reflicte como vemos e o que vemos no mundo. A través das interaccións cos outros, modificamos a nosa imaxe, en función do que gustamos e do ambiente no que vivimos. Recollendo todos estes datos, podemos afirmar que a imaxe corporal está directamente influenciada por factores fisiolóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos.

E aquí chega o conflito. O peso corporal está relacionado coa imaxe corporal que damos. Dentro das posibilidades do peso corporal dunha persoa, existe unha clase na que a persoa excede o peso ideal que debería ter, sendo chamada persoa obesa. Así, o peso corporal tamén se ve influenciado polos factores antes indicados e consecuentemente a obesidade é un problema derivado do mesmo.

Cando se sente un descontento grande coa imaxe corporal, a tendencia xeneralizada é o comezo de dietas inadecuadas, inxestión emocional e compulsiva, disturbios na alimentación que poden xerar a problemas aínda máis graves (anorexia, bulimia), exercicio excesivo e diminución da capacidade cognitiva.

Son cada vez máis as persoas que fican descontentes coa súa imaxe corporal debido a factores desta natureza. É por iso que a imaxe corporal é tamén cada vez máis coñecida como un problema médico e psicolóxico.

A referencia a comportamentos perante a insatisfacción co peso corporal pode tender para un aumento excesivo de peso (cando a persoa é/coida que é magra) ou para unha diminución drástica de peso (cando a persoa é/coida que é gorda). Neste momento, son moito máis as persoas que tenden a comportamentos de perda de peso que as outras. No entanto, é de salientar que aínda que moitas persoas o tenten, son poucas aquelas que realmente conseguen atinxir plenamente os obxectivos propostos.

A consciencia de que é necesario mudar é dos puntos máis importantes nesta área. Se a persoa está insatisfeita ou está mesmo con problemas graves de saúde, a iniciativa persoal é esencial. Só así se pode tornar unha persoa receptiva á implementación de programas e tratamentos adecuados á doenza en cuestión.

[editar] Obesidade Mórbida

A obesidade mórbida é así chamada por ser unha condición causante de morbidade ou doenza por si só. Os obesos mórbidos teñen máis tendencia ao diabetes mellitus (azucre no sangue), á hipertensión arterial (presión alta) e a problemas cardíacos e pulmonares. O tratamento é con dietas e medicamentos inhibidores do apetito, podendo ata culminar coa necesidade de cirurxías para os obesos mórbidos refractarios ao tratamento medicamentoso e dietoterápico. Estes procedimentos cirúrxicos son en xeral coñecidos como gastroplastias e só se deben facer despois da avaliación dun clínico, un nutrólogo, unha psicóloga e unha fisioterapeuta, alén do cirurxián. Equipos ben formados poden tamén contar con enfermeiros, asistentes sociais, profesionais de educación física e outros.

[editar] Link externo

Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
[[q:{{{1}}}|{{{1}}}]]
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com