Socioloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Socioloxía é o conxunto de coñecementos que tratan de explicar o comportamento do ser humano en sociedade. Estuda a lóxica social, ocupándose das razóns que explican os comportamentos xerais das persoas. os comportamentos particulares son obxecto de estudo da Psicoloxía. A perspectiva da "axencia" entende que a Socioloxía sómente pode traballar sobre tendencias xerais, visto que o comportamento dos seres humanos é libre e, polo tanto, imposible de predicer exactamente. Aproximacións estructurais suxeren o contrario: os individuos que están completamente condicionados ou determinados polas estructuras sociais, son meras marionetas de estructuras superiores.
A Socioloxía estuda a sociedade humana e, máis concretamente, as diversas colectividades que a forman e as causas que orixinan as desviacións e mudanzas sociais.
[editar] Véxase tamén
- Anomia
- Constructo popperiano
- Desviacionismo
- Facultade de Socioloxia da Universidade da Coruña
- Funcionalismo
- Inmigración
- Multidefinición de Radio
- Pirámide de Poboación
- Sociedade da Información
- Sociólogos A-Z
- Tribo urbana