Medardo Rosso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Medardo Rosso foi un escultor italiano, nado en Torino o 21 de xuño 1858 e morto en Milán o 31 de marzo de 1928.
[editar] Vida
Con doce anos marchou coa súa familia a Milán, onde comezou a frecuentar a Accademia di Brera, onde non se adecuaba ben ao sistema académico de ensinanzas artísticas. Alí traba contacto co movemento da Scapigliatura.
En 1883 marcha a París onde anda nos grupos de artistas impresionistas, aínda que pouco despois regresa a Milán para casar e montar unha familia.
Realizou sobre todo esculturas en cera, pero tamén en bronce, terracota e xeso. Explorou os distintos materiais para desprenderse deles, facendo e refacendo nun e noutro os mesmos motivos de aparicións e fugas. Expuxo nos principais salóns e eventos do seu tempo, e exerceu unha notábel influencia nos postimpresionistas franceses e italianos, se ben a súa repercusión foi silenciada.
O Centro Galego de Arte Contemporánea organizou unha exposición de toda a súa traxectoria entre novembro de 1996 e febreiro de 1997.
[editar] Obra
- "Il cantante a spasso" (1882)
- "El Locch" (1882)
- "Il bacio sotto il lampione" (1882)
- "La portinaia" (1883)
- "Carne Altrui" (1883)
- "Impressione d'omnibus" (1883-84)
- "Maternità" (1886)
- "Maternità" (1889)
- "Il malato all'ospedale" (1889)
- "Bimba che ride" (1890)
- "Rieuse" (1890)
- "Grande rieuse" (1891)
- "Impressione di bimbo ebreo" (1892)
- "Bimbo al sole" (1892)
- "Conversazione in giardino" (1893)
- "Bambino presso l'asilo" (1893)
- "Signora della veletta" (1893)
- "Uomo che legge il giornale" (1894)
- "Yvette Giulbert" (1894)
- "Il bookmaker" (1894)
- "Bambino malato" (1895)
- "Ecce puer" (1906)
- "Madame X" (1913)