Marcador conversacional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os marcadores conversacionais son uns dos marcadores do discurso xunto cos estruturadores da información, conectores, reformuladores, e operadores argumentativos. Distínguense dos marcadores da lingua escrita en que á súa función 'informativa' ou 'transaccional' suman outra función 'interactiva' ou 'interaccional' orientada cara ao interlocutor. Na conversa hai, pois, que distinguir 'modalidades' fronte a 'contidos proposicionais', ou, na terminoloxía dos chamados 'actos de fala', a forza ilocutiva dos contidos locutivos. Dous grandes tipos de modalidade establecen os autores:
- A modalidade epistémica, que se refire a nocións que gardan relación:
-
- a) coa posibilidade ou coa necesidade,
- b) coa evidencia, sobre todo a través dos sentidos;
- c) co oído dicir ou expresado por outros, etc.
Os seus marcadores son do tipo de "en efecto", "polo visto"...
- A modalidade deóntica, que inclúe actitudes que teñen que ver coa vontade ou co afectivo
Os seus marcadores son do tipo de "bo", "ben"...
- De modalidade epistémica -que se usan en enunciados declarativos- Poden ser
-
-
- Marcadores de evidencia (reforzadores da aserción "si" ou "non", e algúns tematizándoos con "que"): "abofé", "dende logo", "por suposto", "naturalmente" e "sen dúbida" -menos gramaticalizado, pois admite variantes como "sen ningunha dúbida" / "sen dúbida de ningún xénero", etc...- Outro grupo non pode facelo: "en efecto", "efectivamente"...
-
-
-
- Marcadores orientativos sobre a fonte da mensaxe (o falante presenta o discurso como algo que reflicte a súa propia opinión, ou ben referilo como algo que oíu dicir, que coñece a través doutros e que transmite como unha opinión allea): polo visto , "ao parecer", menos gramaticalizado e menos coloquial (ten as variantes "ao meu parecer", "ao parecer duns e doutros", "segundo parece", "polo que parece"...)
-
- De modalidade deóntica (reflicten actitudes do falante relacionadas coa expresión da vontade (ou do afectivo): estes marcadores indican se o falante acepta, admite, consente ou non consente o que se infire do fragmento de discurso ao que remiten, van separados por unha pausa máis marcada e poden alternar con outros procedementos expresivos: os verbos realizativos "acepto", "consinto", "admito", construcións verbais do estilo de "ben está", "está ben", "bo está", etc...).
Exemplos: "bo", "ben"; "vale", "de acordo", "abofé", "perfectamente", "cabalmente". Non son marcadores do discurso expresións como "veña", "en absoluto", "nin falar" etc...
-
-
- Enfocadores de alteridade, que apuntan ao oínte ("home", "mira", "oe") ou menos frecuentemente a ambos interlocutores ("vamos") e serven para comentar o fragmento do discurso ao que remiten -para mostrar a actitude do falante respecto de este- pero sobre todo para sinalar o enfoque das relacións que mantén o falante co oínte: amigables, corteses, etc...
-
-
- "Bo" -nun uso distinto ao deóntico e ao metadiscursivo, pois só serve para reforzar a imaxe positiva do falante-, "vamos", en similar uso e ademais para favorecer a comuñón dos falantes no discurso, "mira", "mire", "oe", "oia". Tamén se adoitan usar formas verbais en segunda persoa: "ves", "verás", "escoita", "fíxate", "sabes", "entendes", que reflicten signos claros de gramaticalización. Expresións como "¿non?" "¿verdade?" "¿non si?" etc... Por favor" en inciso é tamén un marcador do discurso enfocador da alteridade moi gramaticalizado.
-
-
- Metadiscursivos conversacionais trazan o esforzo que realizan os falantes para formular e ir organizando o seu discurso, como signos de puntuación para o descanso. "Xa", "si", "bo", "ben".
-