María Rosario García Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Rosario García Vázquez (Sarria, 4 de outubro de 1902 - A Coruña, 28 de novembro de 1998) foi unha benefactora do concello de Sarria
Era filla de Francisco García Alvaredo, natural de Viloalle, Moondoñedo, e de Pilar Vázquez López, de Vilar de Sarria, Sarria.
Funcionaria de Facenda en A Coruña, xunto coa súa irmá Mercedes, adicou moitos recursos a atencións de obras sociais, asistenciais e de tipo relixioso. Fixo substanciosas apartacións económicas para a construción da Residencia de Anciáns "Nosa Señora do Carme" de O Mazadoiro-Sarria , e para a construción da nova igrexa parroquial de Sarria, adicada á Nosa Señora do Rosario.
O Concello de Sarria adicoulles ás "Irmás García Vázquez" a rúa onde está situada a residencia. En 1994 acordou nomear a María Rosario García Vázquez filla predilecta de Sarria.