Limiñón, Abegondo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Salvador de Limiñón é unha parroquia que se localiza no norleste do concello de Abegondo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 193 habitantes (104 homes e 89 mulleres) distribuídos na única entidade de poboación da parroquia, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.