Lema, Carballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carballo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 527 habitantes (267 mulleres e 260 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.