Kanto - 関東地方
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A rexión de Kanto (関東地方 Kantō-chihō) é unha área xeográfica da illa de Honshu – a maior illa do Xapón. Os seus limites territoriais son practicamente os mesmos da Chaira de Kanto.
O nome referese, xeralmente á rexión leste (東) do posto de control de Hakone (関所). (O nome Kanto significa literalmente "Leste da Barreira," e referese aos postos de control (barreiras) que se erixiron durante o Período Tokugawa na estrada Tokaido que ligaba Edo a Quioto.
A rexión consta de sete provincias: Gunma, Tochigi, Ibaraki, Saitama, Toquio, Chiba, e Kanagawa.
[editar] A Chaira
A Chaira de Kanto é unha rexión sensibelmente cha onde se insere a cidade de Toquio. É a maior chaira do Xapón e xa foi, durante o período Edo a rexión agrícola máis próspera do país. Nesa época, os señores feudais desta chaira detiñan un poder considerábel gracias á fertilidade da terra.
A proposta de invasión do Xapón polos aliados durante a Segunda Guerra Mundial, e que ficou coñecida por Operazón Coronet, inserida na Operazón Downfall, prevía que chaira de Kanto fose o lugar de desembarque das tropas.
[editar] Véxase tamén
- Xeografía do Xapón
- Lista de rexións do Xapón
Template:Xapón