Josep Viladomat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Josep Viladomat i Massanas (Manlleu 1899 - Escaldes, Andorra 1989) foi un escultor catalán.
Discípulo de Joan Borrell Nicolau, foi un dos artista que fundou o grupo dos evolucionistas (1918), influído pola escultura barroca e renacentista realizou esculturas figurativas, en especial espidos femininos aínda que tamén destacaron as súas esculturas relixiosas, especialmente despois de 1939. Pasou os seus últimos anos en Andorra onde conta cun museo dedicado á súa figura.
[editar] Obra
- Maternidade (1923)
- Piedade para o mosteiro de San Joan de les Abadesses
- Monumento á República en Barcelona
- Estatua ecuestre de Francisco Franco (1963) (obra súa, aínda que non a quixo asinar)