José Sánchez Arias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Sanchez Arias (Sarria, 24 de febreiro de 1908 - 3 de novembro de 1981) foi un avogado e Fillo Predilecto de Sarria.
Licenciouse en Dereito e foi funcionario público en Madrid, no Ministerio da Gobernación.
Xa desde a súa moceade amosou unha fonda preocupación social, militando en partidos progresistas e correndo coa dirección e participación en publicacións locais. Na Revista do Colexio de Avogados de Madrid publicou traballos de tema xurídico.
Solteiro e sen descendencia, no seu testamento hológrafo nomeou por herdeiro de todos os seus bens ao Concello de Sarria, para que os deique a fins de interese cultural ou social, razón pola que foi nomeado Fillo Predilecto a título póstumo. A herdanza consistiu en bens rústicos e urbanos sitos en Sarria e Madrid. Ten unha rúa abicada na Zona Escolar.