Jeppe Aakjær
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jeppe Aakjær (1866-1930) poeta e novelista danés, nado en Skive. Autor de contos, novelas e poesías que recollen a dura vida campesiña de Xutlandia, en parte baseada na súa propia experiencia persoal como fillo de labregos. No cambio de século traballa como xornalista en Copenhague, onde se ve atraído polas ideas do socialismo. En 1907 volta á súa Xutlandia natal para se dedicar á súa actividade literaria e á educación dos campesiños.
Moitos compositores escandinavos do século XX utilizaron os seus poemas como letra para as súas cancións, entre os que destaca Carl Nielsen
[editar] Obras
- 1899 O fillo do labrego (Bondens Sen) novela
- 1904 Os fillos da ira (Vredens børn) novela
- 1906 O canto do segador (Rugens Sange) poesía
- 1906 Baixo a estrela da tarde (Under Aftenstjernen) poesía