Jörmungandr
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía nórdica, gran serpe filla do deus Loki e a xigante Angur. Era irmá do lobo Fenrir e da deusa Hela. Os Æsir comprenderon que Jörmungandr sería moi perigosa para a humanidade así que foi arroxada nas augas que rodean Midgar. A serpe creceu tanto que era capaz de rodear a Terra e agarrar a súa propria cola (ver Uróboros). Durante o Ragnarök morrerá a mans de Thor, non sen antes envelenar ó deus do trono que morrerá instantes despois.