Instituto Nacional de Estatística
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Instituto Nacional de Estatística de España ou INE, é o organismo oficial de España encargado de elaborar estatísticas sobre a demografía, economía, e sociedade españolas.
Para a obtención de datos de poboación levábanse a cabo censos, pero desde 2001 xa non se realiza ningún, dado que a actual normativa obriga aos concellos a levar unha xestión informatizada da súa censo e a unha comunicación mensual dos cambios ocorridos ao Instituto Nacional de Estatística. Isto implica que desde esa data os datos oficiais de poboación elabóranse anualmente mediante un proceso de intercambio de ficheros entre os concellos e o INE.