Hans Baldung
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hans Baldung ou Hans Baldung Grien/Grün (c. 1480 - 1545). foi un pintor alemán, considerado o mellor discípulo de Albrecht Dürer.
Naceu en Gmünd en Suavia, pero viviu a maior parte da súa vida en Estrasburgo e Freiburg in Breisgau
As primeiras obras que se coñecen del son piezas de altar co monograma H.B. interlazado, na capela do mosteiro de Lichtenthal preto de Baden e que datan de 1496, en 1501 realiza o retrato do emperador Maximiliano I. En 1513 trasládase a Freiburg in Breisgau e comeza unha longa serie de composicións, que remata en 1516, para o altar maior da catedral.
As súas obras amosan un estilo realista, aínda que matizado polo persoal da súa imaxinación no que a propensión a utilizar a cor verde é chamativa, así como a atmosfera misteriosa e sobrenatural das súas obras relixiosas.