George Abecassis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Abecassis | |
Image:- | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Británico |
---|---|
Anos en activo | 1951 - 1952 |
Escudería(s) | HWM |
Grandes Premios disputados | 2 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Suíza de 1951 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Suíza de 1952 |
George Abecassis (Chertsey, Surrey 1913 – Ibstone 1991) foi un piloto británico de Fórmula 1 que correu con HWM en 1951 e 1952.
Antes da Segunda Guerra Mundial descacou nalgunhas carreiras que correu nun Alta 12/50 privado, clasificouse segundo no Crystal Palace Plate e no Imperial Plate de 1938. En 1939 gañou o Imperial Plate. Durante a guerra pilotou un bombardeiro da RAF e en arriscadas misións aéreas en Francia.
Trala guerra entra no equipo técnico de Alta e desenvolve un novo coche para a Fórmula 1. Xunto ao seu amigo John Heath fundou Hersham & Walton Motors, empresa o dedicada a desenvolver coches deportivos con motores Alta que despois entru na Fórmula 1. Con eses automóbiles actuou nos dous Gran Premio de Suíza en 1951 e 1952, valederos para o campionato do mundo.
Tamén formou parte do equipo Aston Martin para as carreiras de Sport e resistencia nos primieros anos 1950's. Coa morte de Heath en 1956, Abecassis deixa a competición e en 1957 HWM pecha.