Frédéric Auguste Bartholdi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frédéric Auguste Bartholdi (1834 - 1904) foi un escultor francés.
Naceu en Colmar, Alsacia, estudou arquitectura na súa cidade natal, marchou a París para perfeccionar os seus estudos de arquitectura, e tamén de pintura baixo a dirección de Ary Scheffer, pero pasa a ser o escultor máis célebre do século XIX
O seu traballo máis coñecido é a Estatua da Liberdade, que o goberno de Francia doou aos Estados Unidos en 1886, antes de comezar a obra, Bartholdi viaxou a América para seleccionar o porto de Nova York como a localización para a estatua.
O león de Belfort, en Belfort, Francia é outra das súas obras máis coñecidas, realizado para conmemorar a resistencia da vila durante o sitio de Belfort polos alemáns en 1870.