User talk:Forza4
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido/benvida á galipedia, Forza4! Tes razón no de cornixa, pero non no de poñer en Lugo 'auilómetros'...--Agremon 18:10, 12 Nov 2004 (UTC)
Índice |
[editar] quilómetros
Eu que saiba si que é quilómetros. Ou, alomenos, si que é correcto, pero consultareino. Por certo... son rapaz. :)
Si, son quilómetros. Benvido (sen 'a') logo.--Agremon 18:20, 12 Nov 2004 (UTC)
[editar] quilómetros
quilómetro
quilómetros.m. Medida de lonxitude que equivale a mil metros. O seu símbolo é km. Da Coruña a Santiago hai sesenta quilómetros. A vila máis próxima estaba a 40 km. s Quilómetro cadrado. Medida de superficie que corresponde a un cadrado que ten un quilómetro de lado. O seu símbolo é km2.
(Fonte: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/g/BuscaTermo.jsp )
[editar] Estaba escrito auilómetro
Arranxeino eu podes velo na historia das páxinas, comparando versións. Supoño que por un erro ao teclear escribiches auilómetro e correxino eu por quilómetro.
Por certo benvido a Galipedia, outra cousa nos artigos non se debe asinar pero nas páxinas de discusión si para poder seguir correctamente os debates. Pode facerse co segundo botón pola dereita da caixa de edición, aparece algo como esto --~~~~.
Bueno ata outra. Un cordial saúdo. --Prevert 18:37, 12 Nov 2004 (UTC)
[editar] Ok
De acordo, mil perdóns polo erro. Graciñas por corrixilo. Unha aperta :)
Non pasa nada, pero a cousa parecía que ía rematar nun malentendido. Por certo, lembrate de asinar nas páxinas de discusión -non tes porque facelo senon queres- pero sen a sinatura non se sabe nin quen nin cando se fixo a intervención. E iso fai moi díficil seguir as distintas opinións. (Pode saberse polas Variacións recentes aínda que cando pasa moito tempo faise moi complicado descobrilo.) Saúdos. --Prevert 22:21, 12 Nov 2004 (UTC)
Ten razón Prevert. Ás veces son 'un pouco' patoso coas expresións. Disculpa. Estás a facer un bó traballo. Unha aperta :) .--Agremon 00:34, 13 Nov 2004 (UTC)
[editar] Podes encargarte?
Podes encargarte de, empregando o buscador, facer a corrección dos 'bisiestos' que quedan? Comecei, pero viñéronseme polo camiño outras cousas e deixeino.--Agremon 11:57, 13 Nov 2004 (UTC)
[editar] Tentarei encargarme...
Tentarei encargarme deso. Unha aperta. -- Forza4
[editar] Suxerencias
É costume na Wikipedia incluir as respostas ás mensaxes na páxina do usuario que a escribiu, dese xeito en canto se rexistra aparecelle unha mensaxe que dí: Tes mensaxes novas e así é máis fácil seguir as discusións.
Outra cousa para clasificar na categoría En progreso, podes facelo de dous xeitos: [[Category:Wikipedia:En progreso]] neste caso debes lembrar poñer a palabra Wikipedia senón a categoría aparece en vermello porque non existe ou usando a plantilla {{En progreso}} con esta opción tamén se amosa na páxina unha mensaxe dicindo que o artigo está en elaboración.
Sobre a túa mensaxe da páxina de usuario: "O meu obxectivo é homologar a Edición galega, coa Española, e logo coa inglesa, pero preciso a vosa axuda para eso :)" me temo que vas ter que deixar de dormir para conseguilo ;-), bueno agora en en serio neso estamos, nos últimos días semella que conseguimos aumentar os artigos considerablemente. Un cordial saúdo. --Prevert 21:35, 15 Nov 2004 (UTC)
[editar] Actos Vandálicos
Na edición en inglés, teñen algúns artigos "Protexidos" que só pode cambiar a administración de wikipedia coas suxerencias emitidas na discusión, pq hai xente que se dedica a desfigura-los artigos, ou poñer información falsa ou errónea, aínda que din que, en canto poidan, lles quitan a protección. ¿non teriamos que ter coidado con iso nos tamén (por se acaso)?
- Polo momento que eu saiba aquí non houbo os problemas de vandalismo que hai en outros lugares que teñen moitos visitantes e usuarios. Supoño que é cuestión de falalo en canto suceda, agora en canto se detecta unha edición dese tipo revírtese a páxina a unha edición anterior ou borrase. Saúdos. --Prevert 15:13, 18 Nov 2004 (UTC)
- A Portada está xa protexida. O resto, o que di Prevert. Gracias a Deus, excepto cousas puntuais, non a sufrimos. Houbo fai meses unha invasión por un bot (común a toda a wikipedia), que foi a que orixinou o privilexio de sysop a varios extranxeiros, e que se rematou solucionando con outro 'bot'. Estivo a tamén protexida a páxina Galicia un tempo, pero non o está dende fai varios meses.--Agremon 17:34, 18 Nov 2004 (UTC)
- Comprendido :)
--Forza4 18:20, 30 Nov 2004 (UTC)
[editar] Borrar
Xa borrei a imaxe, só poden borrar os administradores, pero podes poñer na páxina ou imaxe que queiras borrar {{lixo}} ou {{lixoporque|pos aquí a causa para o borrado}}, para para que sexa borrada posteriormente por un administrador. Saúdos cordiais.--Rocastelo 11:17, 6 agosto 2005 (UTC)
[editar] Xornal da Galipedia
Ola Forza4, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 15 setembro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Forza4. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)