F-16 Fighting Falcon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento.
Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro, foi evoluíndo ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo.
As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, convertíndoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con máis de 4.000 avións construídos.