Enric Monjo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enric Monjo Garriga (Vilasar de Mar 1896 - 1976) foi un escultor catalán.
As súas esculturas son principalmente relixiosas, nas que amosa unha grande espiritualidade e un forte gusto pola beleza formal. Entre os seus discípulos estivo José Buscaglia
[editar] Obra
- Descenso da cruz (1929)
- Monumento a Juli Garreta (1932)
- Busto de Franco para a Universidade de Madrid (1939)
- Monumento a Remigio Crespo Toral (1960)
- Grupo escultórico de 44 anxos no exterior da porta sur da Catedral de Washington