Eduardo Paolozzi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eduardo Luigi Paolozzi (7 de marzo, 1924 – 22 de abril, 2005) foi un escultor escocés nacido en Leinth, ó norte de Edimburgo, nunha familia de emigrantes italianos. Estudou no Edinburgh College of Art en 1943 e no St Martin's School of Art en 1944 e no Slade School of Art en Londres de 1944 a 1947 tras o que traballou en París.
De estilo surrealista fundou o Grupo Independente, precedente da arte pop británica dos anos 60. Paolozzi é coñecido por realizar grandes estatuas realísticas con elementos rectilíneos engadidos ou retirados ou coa forma humana deconstruída dunha maneira cubista.