Eclipse lunar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da Lúa Chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse da Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración do eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á sua órbita.
Índice |
[editar] Tipos de eclipses lunares
- Eclipse de penumbra
- a Lúa apenas pasa através da penumbra da Terra, a porción externa da sombra terreste. A penumbra non provoca un escurecimento perceptíbel da superficie da Lúa.
- eclipse lunar total
- a Lúa atravesa completamente o interior da [[umbra]+ da Terra, a parte interna da sombra. A velocidade da Lúa através da sombra é de cerca de 1 km/s, e un eclipse total pode durar até 102 minutos (case unha hora e tres cuartos). O período decorrido a partir do momento en que a Lúa ten o primeiro contato coa umbra da Terra até o momento en que a abandona totalmente, por outro lado, pode durar varias horas. Se apenas parte da Lúa entra na umbra, chámase eclipse parcial.
A Lúa non fica completamente invisíbel ao ser escurecida pola sombra terreste debido à refracción da luz solar producida pola luz da atmosfera do planeta. A intensidade da luz refractada depende da cantidade de nuves ou poeira existentes na atmosfera, que bloquean a pasaxe da luz. Iso causa na Lúa unha coloración con tons avermellados cuxa intensidade varía dun eclipse para outro. A escala seguinte foi criada por Andrè Danjon com o intuito de medir o nível de obscurecimento dun eclipse lunar:
- 0. Eclipse moi escuro; Lúa case invisíbel, especialmente em media tonalidade
- 1. Eclipse escuro; cinza ou com coloración marrón; detalles distinguíbeis apenas con dificuldade
- 2. Eclipse vermello intenso ou con coloración ferruxe, coa parte central da umbra moi escura e co bordo externo da umbra relativamente brillante
- 3. Eclipse vermello-tijolo, xeralmente co bordo da umbra brillante ou amarelo
- 4. Eclipse vermello-cobre, moi brillante ou laranxa, co bordo umbral azulado e moi brillante
Debido á inclinación de cerca de 5° da órbita da Lúa en relación á órbita da Terra ao redor do Sol, os eclipses lunares non acontencen en toda lúa chea. Para un eclipe ocorrer, a Lúa debe estar perto de seu nodo orbital—a intersección dos planos orbitais. Pasar pola sombra ou moi próxima do nodo resulta nun eclipse total ou parcial.
Todo os anos acontecem polo menos dous eclipses lunares. De coñecer a data dun eclipse, pódese prever a data en que terán lugar outros eclipses usando os ciclos de eclipses. Ao contrario que nos eclipses solares, que só poden ser observados desde unha área relativamente pequena da superficie terrestre, un eclipse lunar pode ser visto desde calquer lugar onde sexa noite no momento en que acontece. De estar no lado da Lúa voltado para a Terra durante un eclipse lunar, veríase un eclipse solar, coa Terra pasando en frente ao Sol.
[editar] Eclipses lunares entre 2003 e 2005
Data | Tipo | Visíbel onde | Duración |
---|---|---|---|
9 de novembro de 2003 | Total | Américas, Europa, África, Asia Central | 24 min |
4 de maio de 2004 | Total | América do Sul, Europa, África, Asia, Austrália | 1 h 16 min |
27 de uutubro de 2004 | Total | Américas, Europa, África, Assia Central | 1 h 21 min |
24 de abril de 2005 | de penumbra | Américas, Australia, Pacífico, Extremo Leste da Asia | 4 h 10 min (duración do eclipse) |
17 de outubro de 2005 | Parcial | Canadá, Australia, Pacífico, Asia | 58 min (duración do eclipse parcial) |
[editar] Eclipse lunar total máis longo entre 1900 e 2100
Data | Duración da Fase Total |
---|---|
16 de xullo de 2000 | 1h47m01s |
6 de xullo de 1982 | 1h46m20s |
27 de xullo de 2018 | 1h43m34s |
26 de xuño de 2029 | 1h42m32s |
4 de agosto de 1906 | 1h41m48s |
7 de xullo de 2047 | 1h41m29s |
25 de xuño de 1964 | 1h41m25s |
26 de xullo de 1953 | 1h41m22s |
28 de xuño de 2001 | 1h41m16s |
15 de xuño de 2011 | 1h40m52s |
16 de xuño de 2076 | 1h40m49s |
15 de xullo de 1935 | 1h40m16s |
6 de agosto de 1971 | 1h40m04s |
O eclipse lunar total máis longo entre o ano 1000 a.C e o 300 d.C ocorreu o 31 de maio de 318. A fase total tivo unha duración de 1h47m14s.
[editar] Eclipses lunares na historia
Os astronomos da Grecia Antiga notaron que durante o eclipse lunar, o bordo da sombra era sempre circular. Cconcluírom que a Terra podería ser esférica.
[editar] Ligazóns externas
- Predición
-
- U.S. Navy Lunar Eclipse Computer (en inglés)
- Páxina sobre eclipses da NASA (en inglés)
- Eclipses lunares para principiantes (en inglés)