Dunas de Corrubedo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O parque natural Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán localizase no vertice occidental da península de O Barbanza, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia, no concello coruñés de Ribeira.
A sua superficie e de 9.625 ha e comprende as dunas e praia de Corrubedo xunto coas lagoas de Vixán e de Carregal.
[editar] Flora
No Parque encóntranse representados 247 taxóns vexetais. Podemos encontrar especies adaptadas á aridez e inestabilidade do substrato areoso, o cardo mariño, ou a ammofila que fixa os espaldons de praia, outras adaptadas ao encharcamento permanente, xuncos, carrizos, ranúnculos, ou ben especies halófitas como a salicornia. Algunhas especies son endemicas do noroeste peninsular e estan consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.
[editar] Fauna
Corrubedo destaca pola súa grande riqueza faunística (o 70% das especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia) da que destaca sobre todo a ornitofauna. Os censos de aves acuáticas invernantes efectuados nos últimos anos proporcionan una media de 2.300 individuos reunidos en máis de 35 especies. Algunhas tan escasas coma o chorlitejo patinegro conviven con chorlitos, andarríos, ostreros, zarapitos, agujas, na plaia e nos chans de fango; Non é infrecuente observar aves mariñas de paso como cormorans, alcatraces, negróns ou pardelas.