Donramiro, Lalín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San María de Donramiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 960 habitantes (483 mulleres e 477 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 912 habitantes.
Unha antiga lenda local atribúe a fundación da parroquia a un rei godo chamado Ramiro. Contando coas parroquias de Agruchave, Donramiro, Filgueiroa, Penela, Regueiriño y Trascastro.
Está a unha altura de seiscentos metros por encima do nivel do mar.
A igrexa románica do s.XII foi reformada no ano 1654 en estilo barroco, só a fachada e o primeiro tramo da nave. Nunha sepultura do pazo de Filgueiroa repousan os restos de Ramón María Aller Ulloa que naceu alí.
O segundo domingo de setembro celébrase unha famosa romaría no Montserrat.
Nos montes do Monserrat áchase un castro explorado por Florentino López Cuevillas.
Os seus monumentos máis importantes son: o castro, a casa da Crespa (mansión da muller dun alcalde de Lalín) e a carballeira da Crespa (que pertenceu a esta señora ).