Dios ke te crew
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dios ke te crew (DKTC) é un colectivo de MC´S, DJ´S, graffiteiros e breakers formado na localidade de Ordes da fusión dos grupos 5Talegos e Ghamberros.
A primeira gravación acreditada de Dios Ke Te Crew foi o corte que incluíron na película colectiva “Hai que botalos”, recompilación de curtametraxes postas en circulación co gallo das eleccións ao Parlamento galego no 2005. Alí aportaban a banda sonora ao episodio titulado “O derradeiro”, o tema titulado –daquela- Non jodas con Arteijo. Un tema que, como anécdota, chegou a pincharse ao remate da manifestación do día da Patria Galega que tivo lugar ese ano en Santiago de Compostela.
En 2006 chegou o seu primeiro disco Xenese. Comezando coa mesma introdución ca nos concertos. O primeiro LP de DKTC marca un fito na música en galego ó ser o primeiro disco de hip hop en idioma galego. Neste disco detacan temas como Dios Ke Te Crew, Herdeiros da dictadura (que é o anteriormente titulado Non jodas con Arteijo), Colleita´s Party, Vas de Verde, Profecía, ou o xa coñecido Apaja a tele.