Conservatorio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O conservatorio é un establecemento de educación superior dedicado a ensinar a arte da música, incluíndo a práctica de instrumentos musicais, a composición musical, teoría da música e historia da música.
De orixe italiana, no século XVIII consolídanse como institucións de carácter benéfico que suministraban voces e man de obra para a representación de óperas. O conservatorio moderno comeza coa refundación do Conservatorio de París en 1795 baixo un dobre criterio: dar un carácter público o seu ensino e a súa división en cátedras especializadas cubertas mediante concurso-oposición libre. Entre 1810 e 1850 tódalas grandes cidades de Europa contaran con conservatorios seguindo o modelo parisino.