Congreso dos Deputados de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ambalas dúas Cámaras representan ó pobo español. As Cortes Xerais:
- exercen a potestade lexislativa do Estado,
- aproban os seus orzamentos,
- controlan a acción do Goberno
- e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
Nembargantes, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución reserva ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as enmendas ou vetos que pode aproba-lo Senado sobor destes textos lexislativos.
Índice |
[editar] Composición
A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixara en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscripción electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demáis en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
Tralas eleccións do 14 de marzo de 2004 quedou composto da seguinte maneira:
- Partido Socialista Obrero Español (PSOE): 164 deputados.
- Partido Popular (PP): 148 deputados.
- Convergencia I Unió (CIU): 10 deputados.
- Esquerra Republicana de Catalunya (ERC): 8 deputados.
- Eusko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV): 7 deputados.
- Izquierda Unida (IU): 5 deputados.
- Coalición Canaria (CC): 3 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 2 deputados.
- Chunta Aragonesista (CHA): 1 deputado.
- Eusko Alkartasuna (EA): 1 deputado.
- Nafarroa Bai (NA-BAI): 1 deputado.
Mesa do Parlamento:
- Presidente: Manuel Marín González (Grupo Socialista)
- Vicepresidenta 1ª: Carme Chacón Piqueras (Grupo Socialista)
- Vicepresidente 2º: Jordi Vilajoana Rovira (Grupo Catalán)
- Vicepresidente 3º: Gabriel Cisneros Laborda (Grupo Popular)
- Vicepresidente 4º: Ignacio Gil Lázaro (Grupo Popular)
- Secretaria 1ª: María Jesús Sainz García (Grupo Popular)
- Secretaria 2ª: Celia Villalobos Talero (Grupo Popular)
- Secretario 3º: Jaime Javier Barrero López (Grupo Socialista)
- Secretaria 4ª: Isaura Navarro Casillas (Grupo Izquierda Verde)
- Secretario Xeral: Manuel Alba Navarro
[editar] Prerrogativas dos deputados
Os deputados, o mesmo que os Senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenrolo das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
- A inviolabilidade afeta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Nembargantes, esta irresponsabilidade non ten caracter absoluto, senón só en relación a terceiros estranos á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Reglamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.
- A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o periodo do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delicto.
Os deputados perceben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquicias e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.
[editar] Ver Tamén
Composición do Congreso dos Deputados de España
[editar] Ligazóns Externas
Páxina Oficial do Congreso dos Deputados (en español e inglés)