Coia, Coia, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coia é un barrio pertencente á parroquia de Coia, no concello de Vigo.
A rúa principal de Coia é a Avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil). O Real Club Celta de Vigo disputou os seus primeiros encontros no antigo campo de fútbol federativo de Coia.
No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da famosa Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidaridade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Valery Karpin (con sede no Pabillón de Coia) e o C.D. Coya (decano do fútbol galego).
O calendario estival acolle en Xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.