Cascos Azuis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cascos Azuis é o nome que reciben os integrantes dos corpos especiais da ONU, debido á cor dos seus cascos.
En 1956, estas forzas supervisaron o cese de hostilidades entre Exipto e Israel. Posteriormente teñen actuado noutros conflitos en Oriente medio, Líbano, Chipre, Mozambique, Somalia, Bosnia, etcétera.
En 1988, cando o peruano Javier Pérez de Cuéllar era Secretario Xeral da ONU, os Cascos Azuis recibiron o Premio Nobel da Paz.
En 1993, os Cascos Azuis da ONU destacados na antiga Iugoslavia recibiron o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.