Cando, Outes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Tirso de Cando é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 938 habitantes (486 mulleres e 452 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.015 habitantes.