Campos, Melide
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San María de Campos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 122 habitantes (61 mulleres e 61 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 138 habitantes.