Brandoñas, Zas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Brandoñas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 125 habitantes (64 mulleres e 61 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 133 habitantes.