Belas Artes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arte > Belas artes
Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura.
De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén la expresividade, a orixinalidade, impactar ó receptor ou incluso a fealdade (vexa, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o térmo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vanguardas no século pasado).
Belas Artes é tamén unha licenciatura universitaria nalgúns países, como Arxentina, España, ou México. En España, esta licenciatura comprende estudos de conservación e restauración de obras de arte, deseño, fotografía, pintura, debuxo ou gravado (distribuídos en diferentes especialidades).