Barro, Noia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dentro da parroquia de Santa Cristina de Barro, áchase o lugar de "A Barquiña":
Hoxe, A Barquiña, constitúe una das aldeas con maior poboación de Noia ou cando menos é así se nos fixásemos en datos obxectivos como a lista do censo electoral.
A aldea atópase dividida en varios lares nídiamente diferenzados: entrando no cruce, e ata chegar a pista polideportiva municipal, encontrariamonos co lugar de Carracido que remata no monte homónimo. Na parte central da aldea, donde se sitúa o maior concentramento humán, non recibe un nome especial, aínda que usualmente recibe o xenérico (A Barquiña). Finalmente, nas partes maís alonxadas e cercanas xa a desembocadura do río Tambre teríamos o Cruceiro do Río e o lugar de Paralada. Este último sería a derradeira zona virxe que queda na aldea, probablemente a súa proximidade ó río da lugar a que gran cantidade de terreos queden dentro da zona calificada como de "dominio público".
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Noia | |
---|---|
Argalo (Santa María) | Barro (Santa Cristina) | Boa (San Pedro) | Noia | O Obre (Santa Mariña) | Roo (Santa María) |